Este pasado Domingo día 23, tivo lugar o acto de presentación da Candidatura do Partido Popular de Sada. Esperanza Arias, Candidata á Alcaldía, presentou un a un todos os membros da lista electoral, que á súa vez adiantaron puntos do proxecto co que se comprometían e que viraban ao redor de tres eixos, en palabras da candidata: as persoas, as parroquias e a prosperidade dunha Sada de infinitas posibilidades. A pesar da choiva, a afluencia de público foi notable, enchendo o aforo disposto na Praciña da Mariña. Durante o acto estivo acompañada da Conselleira do Mar Rosa Quintana.