Friday 22 de November de 2024

Encontro aberto ao redor do comercio local e do consumo responsábel


Terá lugar o mércores 26 de abril ás 20,30 horas no Centro Cívico de Santa Cruz co candidato á Alcaldía de Oleiros, Iván Roca Cruz.

Unha das preocupacións constantes no BNG de Oleiros é o comercio local. A súa importancia é fundamental para facilitar servizos á veciñanza, e para favorecer o emprego e a mobilidade responsábel.
Somos conscientes de que hai moita marxe de mellora, e así o vimos expresando nas nosas propostas, como o Plan Estratéxico do Comercio de Oleiros (PECO).
O encontro que convocamos co noso concelleiro ten como obxectivo o de favorecer o intercambio de ideas e propostas que permita fixar as prioridades no programa electoral e na nosa acción nos órganos do concello.