Friday 22 de November de 2024

O vindeiro venres 28 de abril as 20.30h no Teatro Cine Elma terá lugar a presentación da candidatura e do programa electoral co que a Asemblea Veciñal Nós Pobra se presentará ás eleccións municipais 2023


O vindeiro venres 28 de abril as 20.30h no Teatro Cine Elma terá lugar a presentación da candidatura e do programa electoral co que a Asemblea Veciñal Nós Pobra se presentará ás eleccións municipais 2023.

O novo equipo é diverso, conta con experiencia e capacidade para dirixir o Concello. Este venres presentaremos as persoas que conformarán a candidatura electoral e elas explicarán as accións que se levarán a cabo os vindeiros catro anos nas súas áreas de goberno.

Para Nós Pobra este é un dos momentos máis importantes. O noso programa elaborase mediante un proceso participativo, para elo convocamos diferentes encontros sectoriais e asembleas veciñais en diferentes puntos do noso municipio, recollemos propostas que a veciñanza nos fai chegar por diferentes medios, determinando así o contido deste documento que rexerá a nosa acción de goberno nos vindeiros catro anos.
A experiencia destes 8 anos no goberno e o contacto directo coa veciñanza, fai que sáibamos de primeira man as necesidades e puidésemos construír un programa creativo, moderno, realista e de carácter social.