Saturday 16 de November de 2024

Arredor de 200 atletas participan na primeira xornada da Liga de Atletismo da Mancomunidade


As pistas de atletismo da cidade deportiva de Vista Alegre (Ordes) enchéronse este sábado de atletas e afeccionados ao atletismo. A escusa foi a I Liga de Atletismo da Mancomunidade de Ordes, que contou con arredor de 200 deportistas de todas as idades empadroados nalgún dos sete concellos da comarca (Cerceda, Frades, Mesía, Tordoia, Trazo, Ordes e Oroso). Nesta primeira xornada disputáronse probas de velocidade e lanzamento, quedando pendentes para este próximo sábado as de saltos, lanzamentos, máis carreiras de valados.