Friday 22 de November de 2024

A exposición pictórica Cores de terra e mar abre ao público pobrense no 2 de maio


A sala de exposición da Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal albergará en vindeiras datas a mostra pictórica Cores de terra e mar, de M.ª José Rodríguez. A súa apertura terá lugar no 2 de maio, ás 19.00 horas, e contará coas intervencións da propia creadora e da concelleira do Turismo, Charo Varela.

É unha serie de cadros que reflicten paisaxes marítimas e agrarias coas cales lles render un tributo ás súas xentes.

M.ª José Rodríguez une nesta exhibición o seu gusto pola ensinanza e a súa inquietude artística. Nada na Coruña, cursa a licenciatura en Pedagoxía. Posteriormente, dada a súa paixón pola arte, comeza a mergullarse no universo da creatividade a través de distintas disciplinas. Conta cunha dilatada traxectoria que se ve referendada por numerosas exposicións individuais e colectivas, premios e, incluso, impartición de clases.

A entrada é libre ata completa-la cabida.