Friday 22 de November de 2024

O Partido Popular de Miño presenta aos integrantes da súa candidatura o 26 de abril


Este mércores 26 de abril Begoña Yañez, candidata á alcaldía, presentará ao equipo que a acompaña nestas eleccións locais. O acto será este mércores ás 20:00 no Local Social a Rúa (Miño). Para esta presentación estará acompañada do Presidente Provincial do PP de Coruña, Diego Calvo. Begoña Yañez considera que é importante realizar esta presentación, xa que se levou a cabo unha rexeneración do partido, na que se fixeron moitas incorporacións novas.