Enviamos imaxes das persoas gañadoras dos premios ‘Lector@s do ano 2022’, un recoñecemento por ter feito máis uso do servizo de préstamo de libros da Biblioteca Municipal Antón Zapata García.
Nesta ocasión, as gañadoras foron Rocío Dourado Ordóñez (categoría adulta) e Lucía Mira Méndez (categoría infantil-xuvenil). Ambas as dúas recibiron un diploma e varios libros de agasallo segundo os seus gustos.
A entrega dos premios celebrouse hoxe con motivo do Día Mundial do Libro e tivo lugar no Salón de Actos Culturais do Concello despois da obra ‘Estrafalaria’, do grupo Xarope Tulú, que arrincou ás 18:00 horas.