Saturday 28 de September de 2024

Cea fría de Alternativa o venres no pavillón da Rabadeira, en Oleiros


Alternativa dos Veciños continúa este venres en Oleiros as ceas frías que servirán para presentar a candidatura e o programa electoral co que se presenta ás eleccións do vindeiro 28 maio. O acto comezará ás 21:00 horas, no pavillón da Rabadeira, e coma sempre será aberto a todos os veciños e veciñas interesados en informarse e coñecer as propostas de Alternativa para revalidar a maioría absoluta e gobernar Oleiros a próxima lexislatura.