As familias trasladaron as queixas que na pasada edición do programa de campamentos non se facilitou a conciliación ao facer as inscricións pouco antes da realización dos campamentos.
As familias do municipio aproveitan as actividades do programa “O verán xa está aquí” como un medio máis para a conciliación. Motivo polo cal coñecer as fechas das mesmas facilita moito a organización do período estival das familias.
Alternativa xa incidiu no tema no pasado ano e novamente volve a insistir dada a importancia da conciliación no día a día da veciñanza de Cambre.