Alternativa dos Veciños celebrou unha nova cea fría de precampaña, neste caso na casa do Pobo de Dexo. No evento estiveron presentes máis de 130 persoas, que puideron coñecer as propostas do partido de cara a vindeira lexislatura
A casa do pobo de Dexo acolleu unha nova cea fría da precampaña electoral de Alternativa dos Veciños. Diante de 130 persoas, o representante na executiva do partido da Comisión Parroquial, José Manuel Diaz deu a coñecer a lista electoral aos presentes. Ademáis, tamén interviron os candidatos da parroquia, Rosa Méndez e Igor Perez.
Na parte final do acto tomou a palabra o presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane. O alcalde de Oleiros asegurou sentirse moi querido cada vez que acude a Dexo, xa que sempre lle ofreceron axuda ao Concello cando a necesitou. Por outra banda, comprometeuse a continuar mellorando os servizos públicos na parroquia e a pelexar polo remate da obra da Vía Artabra.