Hoxe partiron hacia a Comunidade Valenciana os deportistas infantiles Pedro Caamaño, Shaila Rodríguez e Paula Vilar e os cadetes Juan Martín Rodríguez e Iria Barreiro aompañados do seu adestrador Borja Diez para participar no IV Campionato de España Infantil e Cadete de Primavera que se celebrará o sábado e domingo na Piscina Municipal de Bétera.
Na xornada do Sábado participarán, os deportistas cadetes, nas probas de 50m remolque manequín e 100 m remolque de manequín con aletas, e os infantiles no 100m remolque manequín con aletas. O domingo será o turno do 50 m remolque manequín e 100 m socorrista de categoría infantil e da 100 m combinada de salvamento e 200 m supersocorrista para os de categoría cadete.