As persoas interesadas en participar no procedemento teñen un prazo de dez días hábiles para presentar as súas instancias.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio do Concello da Laracha sobre a convocatoria para a selección do xuíz de paz tralo vencemento do período de nomeamento da anterior.
As persoas interesadas en formar parte do procedemento de selección teñen de prazo dez días hábiles para presentar as instancias no rexistro central do Concello ou a través da sede electrónica.
As solicitudes presentadas someteranse á consideración do Pleno do Concello para a elección da persoa idónea entre as interesadas. O candidato elixido será o proposto á Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza para o seu nomeamento como xuíz de paz por un período de catro anos.
Son requisitos indispensables para poder acceder ao posto ter nacionalidade española, ser maior de idade, non estar incapacitado física ou psiquicamente para a función xudicial e non estar incurso ningunha das causas de incompatibilidade ou prohibicións reguladas na Lei orgánica do Poder Xudicial.