O acto de presentación terá lugar o martes 25 de abril ás 19 horas na Escola laica
A Casa da Cultura de Cabanas, situada na Escola Laica, acollerá desde a próxima semana a exposición “Lembranzas da Terra e do Mar”, unha mostra composta por 60 fotografías, moitas delas centenarias e representativas do magnífico fondo icónico do Baixo Eume, que procura lembrar ás mulleres e homes na súa interación co mar e a terra ártabra.
Entre as imaxes que se poderán ver na exposición, procedentes de diferentes fondos, atópase a primeira foto paisaxística de Galicia (1865), realizada desde Cabanas.
Comisariada por Lucía Dancausa e xabier Brisset, a mostra estrea a sala de exposicións da Casa da Cultura de Cabanas, situada na Escola Laica, construída en 1929 pola Asociación de emeigrantes “Luz de América”.
A presentación da exposición está programada para o martes 25 de abril, ás 19 horas, e a partir desa data poderase visitar os mércores de 17.30 a 20.00h, os xoves de 16.00 a 17.30h e os sábados, de 13.00 a 14.00 horas, até o 25 de xuño.