Para cooperar coa República de Cuba, que está a sufrir unha situación moi adversa debido ás terribles consecuencias do criminal bloqueo económico perpetrado por Estados Unidos, o Concello de Oleiros vai organizar o envío de diverso material procedente de distintas administracións públicas de Galicia. O envío está composto por material de cociña diverso, luminarias, báculos, mobiliario público, material informático, material escolar, material sanitario…
A entidade Awen Worldwide, destacada colaboradora pola súa axuda e apoio ao pobo cubano, comprometeuse a asumir os custos de traslado e loxística de todos os recursos que se pretenden enviar. O material poñerase a disposición do Goberno Provincial do Poder Popular da Habana para fins de interese social na República de Cuba.
Este acordo aprobarase no próximo pleno municipal do Concello de Oleiros, que se celebrará o vindeiro xoves 27 ás 20:00 horas.