• A cita está organizada pola Pena Ciclista Santa Marta de Ortigueira xunto co Concello de Ortigueira
• Haberá dúas distancias, unha de 10 km e outra de 5 km, unha andaina e distancias menores
• O primeiro tramo de inscricións xa está dispoñible na páxina web www.galitiming.com
O Concello de Ortigueira e a Pena Ciclista de Santa Marta organizan unha nova edición da Carreira Popular de Ortigueira o próximo 6 de agosto.
A cita, que se realizará por novena vez, dispoñerá de dúas distancias, unha de 10 km e outra de 5 km, unha andaina e distancias menores para as categorías sub-14, sub-12, sub-10 e sub-8.
O primeiro tramo de inscricións xa está aberto ata o 15 de xullo a través da páxina https://inscricións.galitiming.com/inscripcion/ix-carreira-popular-ortigueira-2023/inscripcion_datos/, cun prezo de 5 euros. Despois desta data o prezo de inscrición irá aumentando.