As bibliotecas públicas municipais de Oleiros organizan con motivo do Día do Libro numerosas actividades de fomento e promoción da lectura entre todos os veciños e veciñas. Destacan os roteiros literarios realizados en Mera e Santa Cruz, así como o primeiro dos cafés en lila o día 25 de abril en Rialeda, as exposicións…
Ademais, como é habitual, continúan a realizarse numerosas actividades para o alumnado dos centros de ensino, así como contacontos para nenos e nenas en todas as bibliotecas.
O 23 de abril é unha celebración internacional promovida pola UNESCO para render unha homenaxe universal ao libro e aos seus autores e autoras.