Thursday 21 de November de 2024

O BNG de Oleiros denuncia a presenza de drons na Zona de Especial Conservación- Rede Natura- Reserva da Biosfera- Monumento Natural da Costa (des)protexida de Dexo


Dende o BNG de Oleiros “demandamos á Xunta da Galiza que informe á maior brevidade posíbel se existe algunha autorización para a presenza destes elementos no Monumento Natural da Costa de Dexo”

Veciños do norte do Concello de Oleiros denuncian a presenza de drons e vehículos circulando na Costa (des)protexida de Dexo, concretamente na zona do Seixo Branco. Lembramos que o voo deste tipo de obxectos está restrinxido en espazos protexidos ao abeiro da Rede Natura.

A presenza destes vehículos aéreos non tripulados (drons) non é o máis acaído para unha zona protexida destas características en pleno período de aniñamento de aves.

Motos de cross, trails masivos, vehículos circulando e drons, que será o vindeiro que vexamos na Costa desprotexida de Dexo?, unha filmación dun filme de “Mad Max”?