Os traballos están contemplados no contrato do servizo de mantemento e conservación das zonas verdes.
O Concello está a levar a cabo unha ampla e completa actuación de conservación medioambiental que inclúe o desbroce e a limpeza de vexetación no entorno da praia de Caión e tamén no Sendeiro de Saldoiro, o tramo do paseo marítimo que vai desde a praza Eduardo Vila Fano ata o arroio Figueirido e que conta co distintivo de Sendeiro Azul.
Aproveitando as condicións climatolóxicas favorables dos últimos días, estanse a realizar actuacións de limpeza, desbroce e acondicionamento das zonas verdes e os espazos de esparexemento, así como eliminando da materia vexetal nas área de aparcamento de vehículos. Ao longo do sendeiro tamén están a ser rebaixados os setos cos obxectivo de embelecer a zona e facilitar a visibilidade para que os peóns poidan divisar con maior comodidade a fermosa estampa que forman a praia coa vila de Caión ao fondo.
En total intervirase nos 50.000 metros cadrados de superficie que suman os terreos de titularidade pública neste ámbito.
As actuacións acométese nestas datas nas que comeza a rexistrarse unha maior afluencia de persoas a esas zonas. Os traballos son executados por Viveiros Amado, a empresa larachesa responsable do mantemento e conservación das zonas verdes ao estar contemplados nese contrato de servizos.