Os obradoiros “Enrédate”, que terán lugar ata o mes de agosto, promoverán a participación social e a autonomía persoal de mulleres con discapacidade residentes en Lousame
O Concello de Lousame, en colaboración coa Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia (ACADAR), vai poñer en marcha “Enrédate”, un proxecto que busca promover a igualdade de oportunidades na participación social e a autonomía persoal das veciñas con discapacidade nun municipio rural como é Lousame.
O proxecto pretende formar un grupo de mulleres de Lousame coas que realizar uns oito obradoiros grupais e intervencións individuais ata o vindeiro mes de agosto. As sesións grupais terán unha duración de tres horas e os horarios serán flexibles, en función da dispoñibilidade das participantes.
A concelleira de Servizos Sociais de Lousame, Silvia Agrafojo, explica que “os obradoiros están dirixidos a mulleres con discapacidade coas que trataremos, tanto de forma grupal como individual, cuestión como a autoestima, as habilidades sociais, a violencia cara as mulleres, o empoderamento, a intelixencia emocional….”. Aquelas veciñas que desexen participar ou precisen de máis información sobre “Enrédate” poden contar contactar co Departamento de Servizos Sociais de Lousame (981 820 494) ou con ACADAR (info@acadar.org ou 674 073 092)