Friday 22 de November de 2024

Rematadas as obras da senda peonil que une a antiga escola da Toca coa capilla e o campo da Festa


• Este novo vieiro contempla máis de 205 metros de traxecto con bordo de delimitación e protección de taludes.

• “Con esta senda peonil habilitamos unha zona de tránsito a pé de máis de 205 metros, apostando pola seguridade viaria na zona”, destacou Juan Alonso Tembrás.

O Concello das Somozas rematou recentemente as obras da senda peonil que une a antiga escola da Toca coa capilla e o campo da Festa da vila.

Este novo vieiro contempla máis de 205 metros de traxecto con bordo de delimitación e protección de taludes para optimizar a seguridade viaria na zona.

O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, destacou que “con esta senda peonil habilitamos unha zona de tránsito a pé de máis de 205 metros, apostando pola seguridade viaria, conectado núcleos e respectando a natureza”.