A intervención completarase co remarcado da sinalización horizontal.
O Concello promove e financia as obras de renovación do pavimento con aglomerado asfáltico nun tramo da rúa Lino Gómez Canedo, no núcleo urbano da Laracha.
A actuación ten por finalidade a mellora da superficie de rodadura dos vehículos nesta céntrica rúa da capital municipal na que se sitúa o complexo deportivo da piscina municipal da Laracha, e que tamén dá acceso pola parte traseira á Casa da Cultura.
A intervención completarase co remarcado da sinalización horizontal, incluíndo tantos as prazas de estacionamento de vehículos como o paso de peóns, para reforzar a seguridade viaria.
Estas obras enmárcanse no plan de mantemento e conservación da rede viaria municipal impulsado desde o Concello.