Friday 22 de November de 2024

A sexta edición do Corufest terá lugar do 4 ao 14 de maio con 12 espectáculos en diferentes espazos da cidade


O festival explorará diversos eidos artísticos na busca de acadar un maior compromiso coa diversidade afectivo sexual

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá a sexta edición do Corufest, un festival de artes escénicas para celebrar a diversidade en diferentes eidos da cultura e das artes escénicas. A rexedora estivo acompaña polos organizadores do evento, Gustavo del Río e XXX.

“O noso obxectivo apoiando esta iniciativa é impulsar a cultura, fomentar a divulgación en materia de igualdade e de dar visibilidade á diversidade”, sinalou Inés Rey. Corufest continuará apostando polo talento galego emerxente en combinación con importantes artistas do panorama da danza e doutras artes escénicas como o teatro.

Nesta edición as sedes deste festival serán o Teatro Colón, o Teatro Rosalía de Castro, o auditorio e a biblioteca do Centro Sociocultural Ágora e a Fundación Luís Seoane. De novo, o programa desta edición aposta “pola divulgación e o contraste de ideas con numerosos obradoiros, xornadas e encontros nos que se reflexionará sobre a situación do colectivo LGTBI e se afondará no coñecemento sobre os creadores participantes”, tal e como indicou a rexedora.

Nesta edición haberá dous espectáculos de danza, tres pezas teatrais, un encontro no Ágora, dúas xornadas de divulgación, un obradoiro de creación narrativa e tres actuacións de artistas emerxentes na Luís Seoane. “Estou segura de que a programación que hoxe se presenta satisfará a todos os públicos e permitiranos coñecer moi diversas propostas de distintos xéneros”, apuntou Rey.

Programación
Danza
Los perros, de Led Silhouette e Marcos Morau
● Sábado, 6 de maio, ás 20.30 horas. Teatro Rosalía de Castro
Manbuhsona, de IVONA
● Sábado, 13 de maio, ás 20.30 horas. Teatro Rosalía de Castro
Teatro
Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, de VACAburra
● Venres, 5 de maio, ás 20.00 horas. Centro Sociocultural Ágora
Mevadeus, de Outrora Nós
● Xoves, 11 de maio, ás 20.00 horas. Teatro Colón
Amour, de Marie de Jongh
● Venres, 12 de maio, ás 20.00 horas. Teatro Colón
Los días ajenos de Bob, de Andrés Lima e Bob Pop
● Sábado, 13 de maio, ás 22.00 horas. Teatro Colón
Encontros
Menú do Día, do Colectivo #ChamizoBelloVila
● Xoves, 4 de maio, ás 20.00 horas. Centro Sociocultural Ágora

Encontro sobre creación e bullying: Roy Galán e Paco Tomás
● Martes, 9 de maio, ás 20.00 horas. Biblioteca do Ágora
Encontro con Bob Pop
● Venres, 12 de maio, ás 18.00 horas. Centro Sociocultural Ágora
Xanelas
Xanela identidade
● Mércores, 10 de maio, ás 20.00 horas. Biblioteca do Ágora
Xanela Pink Washing
● Xoves, 11 de maio, ás 17.30 horas. Biblioteca do Ágora
Domingos da Seoane
Sobre Sorpresa, de Aldaolado
● Domingo, 7 de maio, ás 13.00 horas. Fundación Luís Seoane
Rabelo e Mondra
● Domingo, 14 de maio, ás 13.00 horas. Fundación Luís Seoane