Saturday 16 de November de 2024

Últimos días para solicitar a participación no programa “Vacacións en Paz”


As familias que desexen participar este verán no programa “Vacacións en Paz”, impulsado dende a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) e no que colabora o Concello, deben anotarse antes de finais deste mes. As persoas interesadas poden recibir máis información do programa ou anotarse enviando un correo electrónico á dirección: concellerias@naron.es ou contactando co Servizo Sociocomunitario municipal, no primeiro andar do Concello.

O vindeiro mes de xuño está prevista a chegada á cidade de menores de entre 8 e 12 anos que residen nos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf (Arxelia), e permanecerán en Narón ata o mes de setembro, cando regresarán de novo coas súas familias.

Unha vez na cidade os menores acudirán a revisións médicas e participarán en diferentes actividades coas súas familias de acollida, afastados das elevadas temperaturas que se alcanzan durante o verán nos campamentos de refuxiados, alcanzado os 50 graos.