Saturday 16 de November de 2024

Camariñas recupera dúas figuras relixiosas históricas grazas á cesión da familia Adell


· Juan José Suárez-Perdomo Adell, neto dun fareiro de Cabo Vilán, atopou as pezas na casa camariñana dos seus avós e doounas ao Concello, que as exporá de xeito provisional no Museo do Encaixe e, posteriormente, no de Naufraxios.

O Concello de Camariñas vén de recuperar para o seu patrimonio dúas figuras relixiosas históricas, grazas á cesión da familia Adell. Juan José Suárez-Perdomo Adell, neto dun fareiro de Cabo Vilán, cedeu as dúas figuras de xeito desinteresado ao municipio durante a Mostra do Encaixe, tras atopalas na casa que os seus avós tiñan en Camariñas.

As dúas figuras son de estilo gótico y pertenceron á igrexa de Camariñas. Polo momento, os técnicos que as revisaron aínda non puideron precisar con exactitude a súa data, aínda que se pode asegurar que foron feitas entre os séculos XIV e XVII. Unha das figuras consta dunha soa peza tallada en madeira.

Ambas as dúas imaxes exporanse de xeito provisional no Museo do Encaixe. Unha vez estea rematado o Museo dos Naufraxios, pasarán a formar parte do patrimonio cultural exposto nel.

José Suárez-Perdomo Adell naceu en Santa Cruz de Tenerife, pero ten raíces en Camariñas. A súa avoa, Lucia Soneira Lema, era camariñesa. E foi en Camariñas onde coñeceu ao seu home, Juan Adell. Natural de Castellón, Juan Adell fixo servizo no Cabo Vilán na primeira parte do século XX.

A pesares de que despois pasou por outros faros, tanto el como a súa dona están enterrados no cemiterio de Camariñas, onde posuían un domicilio no que se atopaban as dúas figuras relixiosas.