Friday 22 de November de 2024

As Somozas pon en marcha un novo servizo de transporte adaptado para o Centro Cívico


• O novo vehículo adquirido ten unha capacidade máxima de nove ocupantes e comezará a prestar servizo nas vindeiras datas.

• “Confiamos en que este novo servizo de transporte mellore a accesibilidade ao noso Centro Cívico e sexa de gran axuda para todos os nosos veciños e veciñas con mobilidade reducida ou maiores que precisen desta asistencia”, apunta o alcalde.

O Concello das Somozas adquiriu un novo vehículo con acceso adaptado para o transporte de persoas con mobilidade reducida, así como da persoas maiores que precisen do servizo, ata o Centro Cívico socio-cultural da localidade.

O servizo de transporte, que será de balde, dará comezo nas vindeiras datas e a capacidade máxima do vehículo será de nove ocupantes. No caso de empregar a cadeira de rodas, o espazo no interior e o número de pasaxeiros veríase reducido.

“Confiamos en que este novo servizo de transporte mellore a accesibilidade ao noso Centro Cívico e sexa de gran axuda para todos os nosos veciños e veciñas con mobilidade reducida ou persoas maiores que precisen desta asistencia”, explicou o alcalde das Somozas, Juan Antonio Tembrás.