O Concello de Lousame súmase ao programa gratuíto de acompañamento a persoas maiores de 60 anos posto en marcha na comarca pola Asociación Valores de Galicia, un programa financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, destaca que “se trata dun servizo de acompañamento durante as actividades da vida diaria e de ocio, dende ir a unha cita médica a achegarse á compra ou simplemente dar un paseo. Un servizo que busca evitar a soidade da persoa, servirlle de apoio emocional e orientación como paso previo para incrementar a súa autoestima”.
As persoas maiores de 60 anos que desexen participar ou que precisen de máis información deben dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Lousame (981 82 04 94) ou directamente á Asociación Valores de Galicia (696 21 85 44).