Friday 22 de November de 2024

A segunda edición da carreira RUNKI será o próximo 14 de maio


A proba, organizada por ENKI e Fundación ADCAI coa colaboración do Concello, terá dúas modalidades de sete e dous quilómetros

Haberá concertos e “performances” durante o evento e anímase ás persoas participantes a ir disfrazados de superheroes

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, informou está mañá sobre a segunda edición de RUNKI, a carreira dos superheroes. A proba terá lugar o domingo 14 de maio. A rexedora estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, e os promotores da carrera: Tomás Dapena, da Fundación ADCAI, Ángel López, presidente de ENKI e Rocío Alfonso Pita, promotora de RUNKI.

Esta carreira deportiva contará con dous percorridos, de sete e de dous quilómetros, e untotal de 5.000 dorsais. Cada participante poderá seleccionar o percorrido. “Esta é unha probadiferente porque nela pode participar todo o mundo, independentemente da súa idade ou condición física”, sinalou Inés Rey.

O desenvolvemento da carreira RUNKI incluirá, ademais, diferentes actuacións musicais e “performances” durante o percorrido. As persoas organizadoras animaron aos participantes a asistir con disfraces de superheroes. Entregaranse capas conmemorativas a todas as persoas inscritas.

Os primeiros clasificados da proba gañarán unha praza para participar nun dos maratóns máis importantes de Europa, os de Londres ou Berlín. Inés Rey destacou a repercusión mediática que xera esta carreira a nivel nacional. Está prevista a asistencia de colectivos e corredores e corredoras de todo o territorio.

Ademais, a recadación deste ano irá destinada a dúas bolsas para cumprir o soño deportivo de dúas persoas, ou familias, con diversidade funcional. “A Coruña é unha cidade que loita pola igualdade en todos os seus sentidos e desde o Concello facemos nosos os principios que caracterizan a ENKI e a Fundación ADCAI, e a nosa colaboración con eles é máxima”, sinalou Inés Rey.