Friday 22 de November de 2024

Unhas corenta persoas participaron na andaina cultural da Pobra polo Día Internacional dos Monumentos e Sitios


A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal realizou polo segundo ano consecutivo unha andaina comentada polo Día Internacional dos Monumentos e Sitios que, se ben se conmemora no 18 de abril, tivo lugar no domingo 16 para facilita-la asistencia.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, manifesta que se promoveu novamente esta acción para seguir na senda de divulga-lo patrimonio local e redescubrir espazos relacionados co ronsel valleinclaniano.

Deste xeito, unhas corenta persoas participaron no itinerario guiado polo director do Museo Valle-Inclán, Antonio González, e que partiu do núcleo histórico do Xobre para seguir polo barrio dos Cataláns, a torre de Bermúdez e concluír no núcleo histórico da Pobra do Deán, cunha visita ao pazo do Couto.