Será a primeira vez que concorre ás eleccións cunha lista electoral de veciñas e veciños do municipio
Tras as primarias celebradas a finais de 2022 nas que Edu Fernández foi elixido como candidato á alcaldía de Cambre, a militancia de PODEMOS reunida en asemblea aprobou o domingo 16 de abril a candidatura coa que concorrerán ao 28M.
En palabras de Edu, é unha candidatura para “promover a xustiza social, o feminismo, o ecoloxismo e a xestión pública no ámbito municipal”. Define a candidatura como un proxecto colectivo co que transformar Cambre aplicando as políticas do goberno de coalición, como a lei da vivenda “Lei na que os concellos teñen moito que dicir para mellorar a vida dá veciñanza”.
Despois de recibir a principios do ano pasado unha resposta negativa á súa proposta de colaboración con outra forza política, a militancia acordou dar os pasos necesarios para estar presentes na vindeira cita electoral municipal. Podemos concorrerá coa súa marca propia para ofrecer a veciñanza una alternativa de esquerda real.