O candidato de Alternativa dos Veciños á alcaldía de Sada, Paris Joel, presentou ás persoas que o acompañarán na lista electoral para as próximas eleccións municipais nun acto celebrado no salón principal da Sociedad ante máis dun cento de persoas. Xisela Díaz, Cristina Eiroa, Antonio González e Andrea Sambad ocupan os seguintes postos na lista electoral.
Paris Joel avanzou as liñas programáticas xerais coas que Alternativa se presenta ás eleccións. Liberar o máximo posible o tráfico rodado no centro urbán mediante o entronque coa Vía Ártabra e proxectar unha circunvalación para paliar o impacto na mobilidade na apertura do río maior, avanzar na solución das inundacións, rexenerar as praias urbanas, impulsar o plan director da Terraza, apostar pola consecución de bandeiras azuis para as praias de Cirro ou San Pedro, mediar para a consecución dun grao básico de FP, proxectar actividades e hábitos saudables para a xuventude e un plan de envellecemento activo para os maiores xunto cunha loita tenaz e continua contra a atrofia administrativa en materia de servizos sociais, son algúns dos puntos fundamentais do programa de Alternativa para Sada.
Abriu o acto o número 9 da candidatura Antonio López e pechouno o presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, ambos destacaron o compromiso político e a honestidade de Paris Joel e das persoas que o acompañan na lista electoral. “Sadenses de corazón, con ganas, ilusión e capacidade para desenvolver o proxecto político da Alternativa dos Veciños nun municipio que necesita de persoas honradas na política para acabar coas persoas que usan as institucións para intereses persoais e lucrarse”, dixo García Seoane.
A lista electoral de Alternativa dos Veciños no Concello de Sada está formada por:
1. Paris Joel Ares Doval
2. Xisela Díaz García
3. Cristina Eiroa Núñez
4. Antonio González Fraga
5. Andrea Sambad Gómez
6. Roberto Carreira Abeal
7. Gumersindo Varela Alvariño
8. Antía Ramos García
9. Antonio López López
10. Paula Ares Leiro
11. José Antonio Seijo Doldán
12. Amparo García Romero
13. José Luis Eiroa Morandeira
14. Víctor Manuel Seijo Márquez
15. Antonia García Alonso
16. Anxo Manuel Picado Montero
17. Vanesa García Infante
Suplentes:
1. Jorge Manuel Leiro Vázquez
2. Rebeca Gómez Pardo