A candidata de Alternativa dos Veciños á alcaldía de Arteixo, Noelia Martínez, presentou ás persoas que a acompañarán na lista electoral para as próximas eleccións municipais nun acto celebrado no Centro Tecnolóxico ante un cento de persoas. Juan Francisco Martínez, Érika Mato, David Ferreiro e José Manuel Mato ocupan os seguintes postos na lista electoral.
Noelia Martínez insistiu na necesidade de acadar un cambio de Goberno en Arteixo.
“Arteixo necesita un equipo de goberno que escoite, que se achegue a veciñanza, que dialogue e que busque o consenso. Un goberno transparente e honrado.
Alternativa dos veciños implantouse neste concello para facer unha política que converta o Arteixo nun municipio cheo de oportunidades, para ter en conta as 13 parroquias que conforman o noso concello e para defender os interese do conxunto da cidadanía.
No ano 2023, o municipio de Arteixo aínda conta con algunhas carencias que son básicas para o desenvolvemento e calidade de vida das persoas. Unhas carencias que non precisan de grandes inversións, senón que necesitan de ter vontade e a disposición de querer resolvelas para facilitarlle a vida aos veciños e veciñas de Arteixo” apuntou a candidata á alcaldía, Noelia Martínez.
Abriu o acto o número 2 da candidatura Juan Francisco Martínez e pechouno o presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, ambos destacaron as cualidades e valía de Noelia Martínez e de todas as persoas que o integran a lista electoral. “Arteixo necesita un cambio político que permita poñer orde no municipio, para que poida medrar de maneira sostible, cun Plan Xeral que permita crear máis e mellores servizos e equipamentos públicos para incrementar a calidade de vida das persoas”, dixo García Seoane.
A lista electoral de Alternativa dos Veciños no Concello de Arteixo está formada por:
1. NOELIA MARTINEZ CANOSA.
2. JUAN FRANCISCO MARTINEZ CANOSA.
3. ERIKA MATO FERNANDEZ.
4. DAVID FERREIRO SUAREZ.
5. JOSE MANUEL MATO SANZ.
6. JENNIFER PEREZ ABELEIRA.
7. GERMAN CASTIÑEIRAS MARTINEZ.
8. MARIA ISABEL DE LA CRUZ CENAMOR.
9. JUAN MANUEL RODRIGUEZ QUEIJO.
10. MARIA NIEVES VAZQUEZ CADAVEIRA.
11. JOSE ANTONIO REY REY.
12. HIGINIO MARTINEZ MARTINEZ.
13. MARIA DEL CARMEN CEDEIRA ZAS.
14. JOSE MARTIN SEOANE GOMEZ.
15. MARIA DE LOS ANGELES BURGUILLOS CORRAL.
16. JOSE CARLOS MOSCOSO SANMARTIN.
17. CECILIA MIHAELA CORTOJAN CORTOJAN.
18. PATRICIA DANS FERREIRO.
19. ELVIRA DUARTE MARTINEZ.
20. ROBERTO MATO SANZ.
21. EVANGELINA GARCIA FARIÑA.
SUPLENTES
22. IGNACIO VIÑA MALLO.
23. TAMARA VAZQUEZ CALVELO.
24. SANTIAGO PEDRO RODRIGUEZ MESPOLLET.
25. ADRIAN VILLAR LAGARES.
26. MARIA CARMEN VEIRA ALVEDRO.