Thursday 21 de November de 2024

Alternativa comprométese a seguir mellorando os servicios públicos en Nos


A polideportiva de Nos foi o lugar escollido para a terceira cea fría da precampaña de Alternativa dos Veciños, onde se congregaron 300 persoas para coñecer as propostas mais importantes da formación para a vindeira lexislatura.

Alternativa dos Veciños celebrou unha nova cea fría desta campaña electoral. Neste caso foi na Polideportiva de Nos, onde acudiron unhas 300 persoas. Julia González, representante na Executiva da Comisión Parroquial, presentou a lista coa que irá o partido as vindeiras eleccións. Ademáis, tamén interviron os candidatos Belén Taboada e Antonio Molinos.

Para acabar o acto falou o presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane. O candidato a alcaldía sinalou o compromiso do seu partido de mellorar os servizos da parroquia, salientando os de suministro de auga. Por outra banda, tamén fixo referencia a súa idea de potenciar as beirarúas e as sendas desta localidade, ademáis de destacar o paseo que se está a crear dende Iñás ao Seixal como a obra máis importante desta última lexislatura.