• O Concello procedeu á retirada do peche tras o remate do último prazo legal para dita acción por parte da familia propietaria.
Esta semana, concretamente o martes, foi derrubado o valado situado no Campo do Escaravello, un lugar compartido polo Concello e propietarios privados e que funcionaba como aparcamento de vehículos, sobre todo no verán.
A iniciativa da retirada foi realizada desde o propio Concello tras o remate do último prazo legal para dita acción por parte da familia propietaria. A decisión contou co respaldo de informes favorables de técnicos municipais, Secretaría e Policía Local.
O derrubamento deste peche fora probado pola corporación municipal nun pleno ordinario celebrado o 24 de novembro de 2022. Durante a sesión acordárase incoar o proceso de recuperación de parte do terreo municipal no que persoas particulares colocaran un valado no mes de xullo do mesmo ano, dificultando o uso da parcela como estacionamento de vehículos.
O 3 de febreiro deste ano íase proceder á retirada total do peche pero, finalmente, este procedemento tivo que ser suspendido despois de que os titulares do terreo afectado presentaran un recurso.
Na actualidade o valado atópase en dependencias municipais e deberá ser retirado polos donos do mesmo.