Friday 22 de November de 2024

Cabanas abre a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de persoal de limpeza do Centro de Saúde


O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 21 de abril

O Concello de Cabanas anuncia a publicación das bases da convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para posíbeis contratacións como limpador/a do Centro de Saúde, co obxecto de substituír á persoa que desempeña o posto de limpadora de dito espazo por causa de vacacións, permisos ou outras situacións de incapacidade laboral temporal.

O sistema de selección para esta bolsa, que terá unha vixencia de catro anos, é o de concurso – oposición, en quenda libre. Ás persoas que queden en dita bolsa, e que puideran ser chamadas para a realización de substitucións, aplicaráselles un contrato na modalidade de persoal laboral temporal, a media xornada.

O prazo de presentación da documentación para aplicar a dita bolsa é de cinco días naturais, rematando o próximo venres, 21 de abril.