Saturday 16 de November de 2024

O programa “Coidados Porta a Porta” tamén ofrecerá unha charla sobre coidados básicos de podoloxía


Para poder pasar consulta de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria requírese reservar cita previa gratuíta.

A caravana do programa de servizos asistenciais Coidados porta a porta que impulsa a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia estará na Laracha entre os días 19 e 21 de abril. Grazas a esta iniciativa ofreceranse consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos, sendo necesario reservar cita previa, ben vía telefónica chamando ao 622 748 283 ou ao 623 546 992, ou ben enviando un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Como actividade complementaria de interese xeral, aproveitando a presentación do programa, o mércores da semana que vén (19 de abril) a partir das 19:00 horas na Casa da Cultura tamén se ofrecerá unha charla sobre coidados básicos de podoloxía, na que se abordarán cuestións como a maneira correcta de realizar o corte e limpeza das unllas, a eliminación de durezas, callos e helomas, etc. Neste caso non se require inscrición previa e o acceso será libre e gratuíto para todas as persoas interesadas.

O programa Coidados porta a porta xa estivera na Laracha o pasado verán, cando obtivo unha excelente participación e valoración por parte da veciñanza.