A estas 30 prazas destinadas ao Corpo policial, que se ofertarán en réxime de quenda libre, sumaranse outras 14 prazas dispostas por quenda de mobilidade, tal e como marca a normativa
Este mércores tamén se deu luz verde ás novas convocatorias de axudas para coidadores de persoas dependentes, así como á liña de apoio económico ao sector do taxi
Este mércores, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á Oferta Pública de Emprego (OPE) do Concello prevista para este ano. Tal como e explicou hoxe a alcaldesa, Inés Rey, en base ao máximo que permite a lei mediante a taxa de reposición, a OPE suma 94 postos, aos que habería que restar as nove incorporacións xa realizadas neste exercicio, polo que a cifra final de prazas a convocar é de 85 prazas —72 para sectores prioritarios e 13 para sectores non prioritarios—.
Destas 85 prazas que se ofertarán este ano, un total de 30 están adscritas á Policía Local — ás que hai que sumar as cinco incorporacións za realizadas este ano ao Corpo, con efectivos procedentes da quenda de mobilidade—, 5 prazas para reforzar o servizo municipal de Bombeiros, 9 prazas de persoal administrativo e 5 prazas de auxiliar administrativo, entre outras.
Ademais, na Xunta de Goberno Local se estableceu o número de prazas e categorías que secubrirán tamén na Policía Local pola quenda de mobilidade, tal e como marca a normativavixente. Este ano serán 14: dez prazas de policía, dúas de oficial, unha de inspector e otra de inspector principal. No caso de cubrirse na súa totalidade, estas 14 prazas asociadas á quenda de mobilidade sumaranse ás 30 prazas en réxime de quenda libre que inclúe a Oferta Pública de Emprego, o que suporá a entrada de 44 novos axentes na Policía Local.
250.000 euros de orzamento en axudas ás persoas coidadoras de dependentes
Por outra banda, o Goberno municipal aprobou hoxe a nova convocatoria de axudas para promover o benestar e autocoidado das persoas coidadoras de persoas dependentes. Este ano, a liña de axudas está dotada con 250.000 euros de orzamento e vai destinada, especificamente, ás persoas coidadoras que convivan con persoas dependentes de grao 3 que conten con resolución do Plan Individualizado de Atención a través do Servizo de Axuda a Domicilio na Coruña.
As axudas, excplicou a alcaldesa, de carácter individual, consistirán nunha aportación económica que será, como máximo, de 500 euros para cada persoa beneficiaria, sempre e cando esta cumpra os requisitos pautados. “Por exemplo, estar empadroada no termo municipal no mesmo domicilio que a persoa dependente que recibe os coidados”, apuntou Inés Rey.
Nesta convocatoria para o ano 2023 facilítase a posibilidade de que o pagamento dasubvención se realice de xeito anticipado.
As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e ata o 15 de setembro. A presentación das solicitudes poderá levarse a cabo nos rexistros municipais, así como a través do rexistro telemático da Sede Electrónica Municipal.
Medidas de apoio ao sector do taxi
Tamén este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou un plan de axudas municipais aos profesionais do sector do taxi, unha convocatoria que contará con axudas económicas por valor de 70.000 euros.
A previsión, subliñou a alcaldesa, “é que estas axudas sexan de utilidade para financiar aadquisición de sistemas GPS, biombos de seguridade, mellorar a adaptabilidade dos taxis a persoas con problemas de mobilidade e tamén a apoiar o uso de vehículos con modelos enerxéticos alternativos”.
Ao abeiro destas axudas, e ata o límite marcado na convocatoria, aportaranse ata 3.500 euros para a adquisición de vehículos impulsados por enerxía eléctrica; 3.500 por vehículos destinados a Eurotaxi, para persoas con diversidade funcional; 2.500 euros no caso de adquirir vehículos híbridos; 1.000 no referente a vehículos a gas natural e outros combustibles alternativos; e 150 euros en axudas para instalar GPS e biombos.
O prazo de presentación das solicitudes, contado a partir do día seguinte da súa publicación no BOP, será dun mes.
Aceptación das axudas ministeriais para Monte Alto e Santa Lucía
Noutra orde de asuntos, na Xunta de Goberno Local constatouse a aceptación de dúasaxudas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para acometer a reforma do mercado de Monte Alto e tamén a rehabilitación do mercado de Santa Lucía, no barrio da Falperra.
Inés Rey apuntou hoxe, na rolda de prensa, que o Concello presentou en xuño do ano pasado cadansúas solicitudes ao MITMA con vistas á recepción destes fondos, adscritos ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O pasado 3 de abril, ambas as dúas solicitudes recibiron o visto bo provisional do Ministerio. Desta forma, o Concello contará con 2,9 millóns para a remodelación do mercado de Monte Alto e outros 3 para rehabilitar o de Santa Lucía.
Axudas para o fortalecemento comercial en zonas turísticas
Ademais, o Goberno municipal acordou a participación do Concello na convocatoria de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas, unha iniciativa emitida o pasado 10 de marzo pola Secretaría de Estado de Comercio.
Os gastos subvencionables asociados a esta liña de axudas abranguen, por exemplo, os asociados a investimentos en espazos públicos, a dixitalización do sector comercial e o reforzo do sector en materia de sostibilidade e economía circular.
Neste sentido, o Concello formará parte da convocatoria a través do proxecto ‘A Coruña: cidade comercial, cidade turística, cidade accesible’, que inclúe preto dunha decena de iniciativas centradas na reurbanización de espazos públicos en contornas comerciais e o reforzo da dixitalización do tecido comercial coruñés, apoiando a pemes e autónomos. O abano de propostas estima un investimento de 1,6 millóns de euros, dos que serían subvencionables un 80 %, co importe restante a cargo das arcas municipais.
Entre as propostas destaca a creación dun centro loxístico intelixente, unha app —tipo marketplace— destinada ao comercio local e diversas actuacións de restauración de elementos e firmes tradicionais catalogados no centro histórico.
O plan para ampliar a Rolda Peonil chega á Sagrada Familia
O proxecto presentado polo Concello a esta convocatoria tamén abrangue un proxecto piloto que permita analizar a evolución da actividade comercial na Rolda Peonil. A este respecto, e dado que esta liña de axudas contempla intervencións asociadas a investimentos en espazos públicos de importancia comercial, o Concello propuxo a peonalización do treito da rúa Sagrada Familia entre Nosa Señora da Luz e San Xaime, unha das principais arterias comerciais no barrio da Sagrada Familia.
Nesta rúa, e xa durante a pasada edición do Entroido, levouse a cabo unha experiencia similar neste sentido, demandada polas veciñas e veciños, co obxectivo de gozar das actividades ao aire libre alí dispostas no contexto das festas.
“A idea é consolidar o avance da Rolda Peonil e dinamizar un espazo comercial fundamental no barrio da Sagrada Familia”, apuntou a alcaldesa. O investimento previsto nesta intervención na Sagrada Familia, ao abeiro das axudas, sería de case 700.000 euros.
Balance de licenzas
Este mércores, a Xunta de Goberno Local tamén fixo balance das licenzas resoltas no período entre os días 24 de marzo e 5 de abril, con 152 expedientes notificados, dos que 10 foron licenzas urbanísticas e 98 foron obras en réxime de comunicado.
Entre as licenzas concedidas destaca a que permitirá a Smarttia Re Office Coruña acometer a rehabilitación do edificio situado no nº 15 da rúa Amargura, na Cidade Vella, inmoble que acollerá a sede da Fundación Greenalia. Tras resolverse os requirimentos marcados pola Comisión do PEPRI, adecuando o proxecto á normativa a respecto da reestruturación xeral da estrutura do edificio, dáse luz verde á execución material das obras, que contarán cun prazo de 24 meses para a súa concreción desde a posta en marcha dos traballos.
O investimento previsto para a rehabilitación do inmoble é de algo máis de 1,2 millóns de euros.
por quenda de mobilidade, tal e como marca a normativa