Con motivo do Día Mundial do Libro, o Concello organizará un roteiro literario pola costa de Mera e outro pola localidade de Santa Cruz coa escritora Silvia Salgado. O primeiro será o de Mera, o martes 18 de abril, con saída ás 11:30 horas da Biblioteca María José Trincado.
A actividade dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura e a fotografía, principalmente pola que xira en torno a un faro. Falarase da relación entre literatura e fotografía, do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas e tamén de como a literatura nos achega dunha maneira particular a unha obra e ao seu mundo. Leranse fragmentos e poemas de Vicente Risco, Sofía Casanova, Celso Emilio Ferreiro, Miguel Hernández, Luis Cernuda, Virginia Wolf, Edgar Allan Poe, Ray Bradbury, Jazmina Barrera, Jeanette Winterson.
Para participar é imprescindible reservar praza na biblioteca Rialeda ou chamando por teléfono ao 981 639 511, na biblioteca de Mera ou chamando por teléfono ao 981 628 507.