Monday 25 de November de 2024

O Centro de San Roque será sede dun curso sobre alimentación saudable para reforzar a prevención contra o cancro


• Terá lugar o vindeiro xoves, 27 de abril, de 17 h a 19:30 h

• As inscricións formalizaranse a través do CIM ou no teléfono 981 40 25 42

• Será impartido pola Dra. Lola Eufemia Navas

O Centro social de San Roque será a sede dun curso de alimentación saudable para reforzar a prevención contra o cancro o vindeiro xoves, 27 de abril, de 17 horas a 19:30 horas.

O curso, que será impartido pola doutora Lola Eufemia Navas, abordará diferentes temas e consellos nutricionais para poder levar unha vida saudable, a información sobre os alimentos que nos podemos atopar na internet ou que alimentos son mellores para previr o cancro.

As inscricións deberanse formalizar no CIM de Ortigueira ou a través do número de teléfono 981 40 25 42.