Os membros do Club de Taekwondo Luar participaron esta fin de semana no XVIII Campionato Internacional Cidade de Pontevedra, acadando un total de cinco medallas. A prata foi para Eliana Suárez e Rodrigo Varela, mentres que os bronces foron parar ás mans de Sara Gacio, Mateo Boudjenane e Daniel Mosquera. Un resultado que volve poñer de manifesto o gran nivel que posúe o club ordense, canteira de campións e figuras relevantes deste deporte.