Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Lousame homenaxea a Josefina Abeijón Blanco, veciña de Merelle que vén de cumprir 100 anos


O Concello de Lousame vén de homenaxear a Josefina Abeijón Blanco, veciña de Merelle, parroquia de Tállara, con motivo do seu cen aniversario. A alcaldesa, Teresa Villaverde, e a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, desprazáronse ata a as instalacións do Centro de Día de Portobravo para entregarlle un ramo de flores.

Alcaldesa e concelleira compartiron un tempo de encontro con Fina e a súa familia, que celebraron o aniversario cunha festa onte luns á que asistiron numerosos familiares entre as que estaban as súas dúas fillas, o seu xenro, a súa neta política e as súas netas e bisnetas, que lle axudaron a soprar as velas do pastel.

Josefina Abeijón Blanco naceu o 10 de abril de 1923. Viviu toda a súa vida en Merelle, onde se dedicou a traballar o campo, labor que compaxinou con anos de traballo nas minas de San Finx para así sacar adiante a súa familia. De feito, estivo traballando no campo ata os noventa anos. Usuaria do centro de día lousamiá, atópase ben de saúde.