Friday 22 de November de 2024

Nova sesión na Pobra da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero


O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, presidiu neste 11 de abril a terceira reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, integrada por axentes de distintos ámbitos do municipio.

Neste momento hai 18 casos activos de violencia machista, cuxo seguimento efectúan os corpos de seguridade que, dende a incorporación ao sistema VioGén no mes de febreiro, coordinan os efectivos: á Policía local correspóndenlle aqueles casos cun nivel de risco baixo ou non apreciado, mentres que a Garda Civil asume os de maior risco.

Valoráronse tamén positivamente as actividades realizadas en relación co 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e do 8-M, Día Internacional da Muller, que contou coa implicación da comunidade educativa e de tecido asociativo. Puxéronse sobre a mesa, ademais, propostas xurdidas por representantes destes eidos para seguir avanzando en materia de igualdade.

A este respecto, avaliáronse accións cara aos festexos do verán como, por exemplo, darlles continuidade aos Punto Violeta.