Haberá sesións en seis espazos municipais entre o 17 de abril e o 15 de maio
Os centros cívicos municipais ofrecen, a partir do día 17 de abril, un ciclo de cursos sobre o posparto e a maternidade real. Impartidos polas expertas Paula García Otero e Verónica Fernández López, os cursos abordarán distintos aspectos do puerperio e os seus efectos na vida das novas nais e familias, co obxectivo de aumentar a seguridade e confianza das mulleres para a toma de decisións e o empoderamento persoal, así como contribuír á construción dunha imaxe real sobre a maternidade e o puerperio.
Os cursos, dunha hora e media de duración, son gratuítos e abertos ao público ata completar a capacidade e realizaranse conforme ao seguinte calendario:
Centro Cívico Rosales o 17/04 das 16.00 ás 18.00 horas.
Centro Cívico Os Mallos o 20/04 das 16.30 ás 19.00 horas.
Centro Cívico Castrillón o 24/04 das 16.30 ás 19.00 horas.
Centro Cívico Cidade Vella o 27/04 das 16.30 ás 19.00 horas.
Centro Cívico Palavea o 08/05 das 16.30 ás 19.00 horas.
Centro Cívico Novo Mesoiro o 15/05 das 16.30 ás 19.00 horas