O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no acto de conmemoración polo Día Mundial do Parkinson organizado pola Asociación galega de Parkinson na Praza María Pita da Coruña.
Esta entidade organiza o venres, tamén ao abeiro desta efeméride, unha xornadas sobre esta enfermidade neurolóxica que afecta a máis de 13.000 persoas na nosa Comunidade. Esta cita, que será na sede de AFundación, porá en valor a abordaxe integral do Parkinson.