Saturday 16 de November de 2024

A execución dos orzamentos municipais é o maior reflexo da incompetencia do goberno municipal do PSOE de Miño


O goberno municipal de Miño, encabezado por Manuel Vázquez Faraldo , leva toda a lexislatura sen ser capaz de aprobar os Orzamentos en tempo e forma. Os Orzamentos de 2022 foron aprobados por este goberno o 21/11/2022, cando nesa data correspondería aprobar os de 2023. Esto conleva a que
ano tras ano prorrogáronse os do ano anterior e como consecuencia unha diminución na realización en investimentos e servizos para os veciños, como por exemplo falta de mantemento de viais, camiños, beirarrúas, etc.

Ademais, o goberno municipal nestes anos foi incapaz de executarmáis da metade dos orzamentos, todo eso é diñeiro que se deixou de investir na mellora de calidade de vida dos veciños, tanto do núcleo urbano como das parroquias. Todo esto evidencia que este goberno do PSOE, é incapaz de xestionar os recursos do municipio en beneficio dos seus veciños, a pesar de contar cunha carencia en toda a lexislatura do pago da débeda e na que ademais se comprometía cos seus electores en 2019 a transformar o pobo se non tiña que facer amortización da mesma. Á vista está que transformación non hai habido.