Alternativa dos Veciños presentará a súa lista electoral do Concello de Sada nun acto que terá lugar o vindeiro sábado, día 15, ás 19:00 horas, no salón de actos da Sociedad de Sada. É un acto aberto á participación de toda a cidadanía no que intervirá o candidato Paris Joel e o presidente de Alternativa Ángel García Seoane.
O polifacético artista sadense Paris Joel é o candidato de Alternativa á alcaldía de Sada. Licenciado en xeografía e historia, cantautor de recoñecido prestixio, técnico de imaxe e son… pero ante todo home íntegro e comprometido política e socialmente co seu pobo.