Friday 22 de November de 2024

Alternativa presenta a súa lista electoral de Arteixo, este sábado no Centro Tecnolóxico


Alternativa dos Veciños presentará a súa lista electoral do Concello de Arteixo nun acto que terá lugar o vindeiro sábado, día 15, ás 12:00 horas, no salón de actos do Centro Tecnolóxico. É un acto aberto á participación de toda a cidadanía no que intervirá a candidata Noelia Martínez e o presidente de Alternativa Ángel García Seoane.

Noelia Martínez é técnica superior en Administración e Finanzas e tamén técnica en Coidados Auxiliares de Enfermería. Traballou na banca e agora é Auxiliar de Enfermería no Sergas. Tamén forma parte da Asociación cultural e veciñal Manuel Murguía de Oseiro .

Noelia Martínez leva catro anos exercendo de voceira de Alternativa no municipio e, xunto con todos os compañeiros e compañeiras que forman a agrupación, percorreu cada núcleo de poboación do municipio, escoitando e atendendo as demandas e necesidades da veciñanza. Durante este tempo mantivo múltiples reunións con diferentes administracións e organismos para defender os intereses do municipio e de toda a cidadanía de Arteixo.