Saturday 23 de November de 2024

Conclúe a Semana Santa coa representación e procesión do Resucitado


• Ás 10.30 sairá a procesión desde a Igrexa de San Francisco cara á Praza da Quintana

• Ás 11 horas terá lugar a representación da resurrección e, posteriormente continuará o seu percorrido polo centro histórico

Neste Domingo de Resurrección, as confrarías compostelás conclúen a Semana Santa 2023. Como colofón a unha Semana Santa na que a Xunta de Confrarías destacou o alto seguimento de veciños, visitantes e turistas; esta mañá a Confraría da Beira Cruz será a encargada de realizar a Procesión do Cristo Resucitado. Un desfile que, ademais, inclúe a representación da resurrección na Praza da Quintana. Un acto no que os penitentes quitarán os seus capuchones, os nenos e nenas soltarán pombas brancas e a Virxe retirará o seu manto de loito para lucir un de cor nesta Pascua.

Historia

Esta procesión saía por vez primeira no ano 2012, e participa unha talla de Xesús Resucitado realizada no ano 2011 por Víctor Veciño que, posteriormente, no ano 2012, foi bendicida polo arcebispo Julián Barrio. Por outra banda, a outra imaxe, a nosa Señora da Candelaria (ou da Luz); obra do mesmo autor e do mesmo ano, é portada nun trono con 40 con confrades, que foi realizado no ano 2010 nos talleres de Álvaro Martínez.

Percorrido

Campiño de San Francisco – Rúa de San Francisco – Praza do Obradoiro – Rúa Fonseca – Praza das Praterías – Rúa dá Conga – Praza dá Quintana – Rúa dá Conga – Rúa Nova – Cantón do Toural – Rúa do Vilar – Praza das Praterías – Rúa dá Conga – Rúa do Preguntoiro – Praza de Cervantes – Rúa dá Acibechería – Praza dá Inmaculada – Travesa dás Dúas Portas – Rúa de San Francisco – Campiño de San Francisco