-A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade recorda que os puntos de vacinación seguirán abertos con novos horarios para aquelas persoas que lles falte por administrar algunha dose desta vacina
A Consellería de Sanidade informa que, a partir do 10 de abril, establécense novos horarios nos puntos de vacinación covid. O departamento sanitario galego lembra que é importante facer o proceso de xestión da cita previa antes de ir aos puntos de vacinación, para que as persoas que acudan non teñan que agardar. Pode facerse a través da aplicación Sergas Móbil.
Os novos lugares e horarios pódense consultar no seguinte enderezo: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Vacinacion-Covid-OC
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade recorda que os puntos de vacinación seguirán abertos con novos horarios para aquelas persoas que lles falte por administrar algunha dose desta vacina.
Cómpre remarcar que, con datos de vacinación a 24 de febreiro (último actualizado polo Ministerio de Sanidade), Galicia segue de primeira no conxunto do Estado en porcentaxe de vacinación con dosis de recordo en maiores de 80 anos, cun 87,64%; en 70-79, cun 83,67 %, e en 60-69, cun 74,44%.