Benito Portela, por abandono, foi o seu cómplice.
Para o Partido Popular de Sada este culebrón en que se converteu a rehabilitación e posta en funcionamento da piscina non fixo máis nada que empezar.
“Esperemos que á suspensión indefinida da apertura da instalación non se some, pola incompetencia manifesta de quen tiveron que vixiar a mesma, un sablazo ás arcas municipais derivado da compensación á empresa concesionaria”
Para o Partido Popular carece de explicación e xustificación o papel desempeñado, tanto pola actual alcaldesa – no seu día concelleira de deportes e responsable desta instalación -como polo señor Breogán Blanco actual concelleiro do ramo, postos varias veces en evidencia por unha realidade túzara que lles persegue.
” Cambialo todo para que nada cambie pode ser un erro maiúsculo. Querer ver o problema substantivo na xestión do concesionario e non no estado da instalación e a desidia municipal é, canto menos, engadirlle un tempo e diñeiro á posta en marcha da piscina” asegurou Esperanza Arias presidenta do Partido Popular de Sada.
Para o Partido Popular é evidente que existe unha mala relación histórica entre a empresa concesionaria e os responsables políticos do seu control que seguen sendo os mesmos desde fai catro anos.
“Os que non souberon arranxalo antes están incapacitados e desautorizados, polos seus propios actos, para tratar de arranxar agora semellante desaguisado do que os maiores prexudicados son os cidadáns de Sada” asegurou a Candidata á Alcaldía do Partido Popular.
“Despois de culpar aos antecesores trata agora de culpar aos que foron os seus superiores, especialmente a Portela, cando a nefasta xestión de Nogareda esténdese a outras instalacións como, por exemplo, a pista de patinaxe” afirmou Esperanza Arias.
Por último, para o Partido Popular queda pouco tempo para un cambio radical na eficiencia e a eficacia da xestión municipal que continúa baixo mínimos.