Thursday 21 de November de 2024

Os parques infantís de paseo das Pontes, Mestre Mateo e San Agustín contarán con novo pavimento


O plan integral para espazos de ocio contempla tamén a adaptación de 100 prazas para menores con mobilidade reducida en outros cinco parques

O Concello, a través da súa Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, está a levar a cabo a renovación do firme de caucho de tres parques infantís de titularidade municipal da cidade. Estas actuacións están enmarcadas no Plan Integral de Áreas de Ocio Infantil e teñen por obxectivo a mellora das condicións de seguridade das persoas usuarias destes espazos.

Desde o Concello xa se está actuando no parque infantil do paseo das Pontes, substituíndo o pavimento antigo por un novo en óptimas condicións. O seguinte no que se actuará será o parque de Mestre Mateo, na súa área para maiores. Por último, tamén está previsto levar a cabo outra actuación sobre o caucho no de Santo Amaro.

O Plan Integral de Parques Infantís inclúe tamén a creación de máis de 100 prazas adaptadas en cinco espazos da cidade, actuacións que se irán concretando nas vindeiras semanas e que permitirá que menores con mobilidade reducida ou limitada poidan facer uso tamén dos xogos infantís.